MILLA vs. 10.000 o 13 de xuño.

Super HUGO..É o bonito de ser un clube grande, que podemos participar en máis dunha proba ao mesmo tempo. Así que mandamos ás nosas puntas de lanza Jose N. e Rafa a batirse o cobre na carreira de 10.000 metros de Cambados e Mino B, Laura e un servidor, ademais de Jose C e Alicia en tarefas organizativas, de reporteirismo gráfico e custodia de roupas, acompañamos aos nosos pequenos na X Milla Urbana no Milladoiro. Creo que menos a repugnante de Laura, (dígoo con cariño, pero é que non lle chega con gañar ao día seguinte de facer un triathlón, non: aínda por riba quere facer boas marcas) os demáis podemos dicir que foi unha xornada sublime. Atención ao palmarés en Milladoiro: Laura, Laurita e Hugo, campións; Carla e Pedro, segundos; e Lucía, terceira. Brilante papel de Nicolás coorendo 300 metros sen axuda, e exhibición de Mara nun percorrido bastante longo xa e que cubriu perfectamente. E dos maiores, que dicir? Pois Mino B conxurouse para baixar dos 7 minutos e sobroulle prácticamente un segundo, e o que asina este escrito, Pepo, tiña bastante con non mancarse. Pero incluso se atreveu a intentar baixar dos 10 minutos antes de empezar, e na segunda volta, decatouse de que podía rebaixar incluso os 9 !!! Conseguido!! E as veces, os obxectivos dos modestos parecen fácilmente asequibles, por iso os nosos representantes de Cambados fixeron tamén un carreirón, movéndose nunha media próxima aos 4 min/km. Para rematar, como colofón, algúns fumos de comellada descubrindo unha gratísima sorpresa: boa comida e de sobra, sitio fóra para que xoguen os nenos, e cerca de Bertamiráns. E aquí vai o dato: 8 persoas (4 adultos e 4 nenos) … 50 euros!!!!! Fin de festa perfecto, que nos deixa gañas de que sexa a próxima. IMAXES

Did you enjoy this post? Why not leave a comment below and continue the conversation, or subscribe to my feed and get articles like this delivered automatically to your feed reader.

Comments

Noraboa a tod@s..

Eu onte non puden ir pq estabamos de xornada de “día despois”. Alegrome por todos..

NORABOA

Deja un comentario

(requerido)

(requerido)