“O gran reto” -IV Subida ao Iroite
O pasado día de anonovo,01-01-2010,celebrouse a 4ª edición do “gran reto”,a subida oa monte Iroite,e alí estiven en representación do C.A.B.
Mañán fría,despois da cea e viños do fin de ano,e conseguinte trasnoite,ainda que pouco,entre unhas cousas e outras eran as 2:30 da madrugada,levanteime con unha sensación de ansia e medo “o que me espera”,¿a quen cojones se lle ocurren estas cousas?,e alá fun.
Eramos duas ducias de tíos e unha corredora do SAR que non lle tivo ningún medo;E a correr costa arriba durante 9km.,tremendo,por moito que escriba non sabría expresar correctamente todo o que sufrín,disfrutei,padecín,etc.,e por fín arriba en 49:17,a miña meta era baixar de 50:00.Unha vez arriba,agua,chocolate quente,fruta,e cando chegaron todos,brindis con champán,foto de grupo e o autobús e “pa” baixo coa satisfacción de haber terminado dignamente.
Pouco mais podo contar,a non ser que na miña opinión,todos aqueles que din que é só para valientes,están equivocados,”é só pa tolos”,pero si se da o caso,o próximo ano voltarei.
Did you enjoy this post? Why not leave a comment below and continue the conversation, or subscribe to my feed and get articles like this delivered automatically to your feed reader.








Comments
Aún no hay comentarios.
Deja un comentario