Dous por un (que non se diga) Mos e Vedra en menos de 20 horas
Quen dixo que o Pepo xa non era nadie? Quen dixo que non foi á de Bertamiráns nin a de Santiago, nin á San Martiño porque estaba acabado para o atletismo? Quen o dixo? Porque tiña razón carallo. Está ben ir de superhome de rapaz e para impresionar ás cativas, pero a estas alturas da película … O sábado 21 o noso clube colaborou na II Carreira Benéfica Oscar Pereiro inscribindo 14 corredores nunha proba de 10.000 m bastante chula, rompepernas, iso si, cun grande nivel organizativo e sobre todo cunha boa resposta á chamada solidaria, posto que se xuntaron cerca de 1.500 corredores cun día de cans. E o noso clube foi representado polo máis apropiado: Pepo. Dado o carácter festivo do evento, asumín o meu rol de animador e corrín cunha perruca e un nariz de paiaso, ademáis de facer moitas tonterías como subir ao podium na entrega de premios como se fose o gañador, ou agarrar durante a saída a Pedro Nimo ou Elías Dominguez. Finalmente gañaron Robertas Geralavicius e Mª Jesús Gestido, pero o importante foi que se recaudara un petisquiño para a Asociación de Disminuídos Psiquicos e Físicos de Mos. O agradecemento ao C.A. Bertamiráns do grande Oscar pereiro e sintoo que non puidésedes ir correr os demáis porque ata a camiseta estaba xeitosa. O ano que ven.Por certo, que podedes ver o video da saída onde estou cos grandes (Pedro Ni
mo, Elías Dominguez, Oscar Pereiro, Alejandro Gómez, etc) na páxina www.corriendovoy.com, e tamén a miña chegada a meta en 1 hora 03 minutos.
E o domingo, despois de durmir tres horiñas escasas e coas pernas conxestionadas, ala marchamos a San Fins de Sales (Vedra), para correr outros 7.500 m. Aquí si que fomos uns cantos: Rafa (que non correu), Jose Novoa (que non correu), Alicia (que se mancou e non puido acabar), Mónica (que tamén se mancou e non puido acabar), Laura, Pepo e os supernenos: Laura, Lucía, Carla e Hugo, que son o noso orgullo. Dos maiores pouco que dicir: Laura a un gran nivel, (coma sempre) conseguindo o terceiro posto da xeneral, e Pepo conseguindo in extremis evitar o último lugar (fun penúltimo, jajajajajajaja). Pero estes cativos nosos merecen mención aparte: levaron trofeo os catro. Laura foi campioa en prebenxamíns, Lucía acadou o terceiro posto, Hugo foi o segundo clasificado; e en benxamíns, Carla regalounos o terceiro posto. A verdade é que da gusto madrugar un domingo, aínda que chova, para isto. Parabéns aos nosos cachorros, e a próxima vez a ver se o exceso non é só de kilómetros, senón que ademais lle acompañamos unha comidiña xeitosa.
Did you enjoy this post? Why not leave a comment below and continue the conversation, or subscribe to my feed and get articles like this delivered automatically to your feed reader.







Muy bien campeones, y sobre todo a ti, eres un “monstruo”, en todos los aspectos. Pero una pregunta: ¿que tomaste entre una carrera y otra? creo que ahí está el truco….