VI Cross de Verán de Broña 2010, Outes

Data: sábado, 11 de setembro de 2010.
Hora: a partires das 11:00 horas
Lugar: Praia de Broña, Outes
Distancia: de 150 a 7.000 m
Organiza: Asociación de veciños O Pedregal de San Cosme (Outes)
Inscrición:
Por web, e-mail carreirabrona@gmail.com , no FAX 981 765 207 e no teléfono 981 855 800, ate ás 14:00 horas do venres día 10 de setembro do 2010.
Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento, localidade e club (se procede)
Web: Carreira de Broña

IV Maratón do miño

O IV Maratón do Miño terá lugar o 03 de outubro de 2010, con 42 km 195 metros de percorrido. Con esta iniciativa a Fundación CEO para o desenvolvemento empresarial pretende sensibilizar a toda a sociedade da importancia que ten a figura do empresario, en especial do autónomo, animando a continuar un labor tan importante como é o emprender día a día novas ideas e proxectos para facer todos xuntos unha sociedade mellor.

Por suposto.. ali estaremos ¡¡

Este maratón é novidoso polas súas modalidades:
- Carreira
- Andaina
- Carreira por relevos
- Andaina por relevos

Desenvólvese así un programa pioneiro en Galicia que permite a participación de distintas formas: correndo, andando e por relevos, feito que abre un abano moi amplo para obter unha grande participación e ademais poder facelo en equipo.

Datos inscrición:

On line: na páxina web http://www.maraton.ceo.es ou enviando por correo electrónico ao enderezo maraton@ceo.es o formulario de inscrición, previo ingreso da cota de inscrición na conta de Caixanova indicada anteriormente, cuxo xustificante de ingreso deberá entregarse/remitirse á organización.

Persoalmente: achegando á dirección da organización, sita en praza das Damas 1, de Ourense (de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00, o formulario de inscrición cuberto xunto co resgardo de ingreso da cota de incrición na conta de Caixanova: 2080-0263-10-0040043388

Teléfono: chamando ao 988 39 11 10

Na transferencia de pago deberá constar como concepto o nome e apelidos do inscrito ou inscritos; é necesario conservar o resgardo xa que para recoller o dorsal e o chip será necesario presentar o documento acreditativo (DNI, carné de conducir, pasaporte ou o xustificante de ingreso).

O custo da incrición será de 12 Euros ata o luns 20 de setembro de 2010 (inclusive), e a partir de esa data o custo será de 15 euros.

A data límite para incribirse será as 24:00 horas do martes 28 de setembro de 2010.

Mentres a organización non dispoña do xustificante do ingreso non constará oficialmente a inscrición, só se fará efectiva unha vez se entregue o xustificante de pago á organización.

Unha vez formalizada a inscrición, o importe da mesma, non será reintegrado no caso de anulación da incrición.

MILLA vs. 10.000 o 13 de xuño.

Super HUGO..É o bonito de ser un clube grande, que podemos participar en máis dunha proba ao mesmo tempo. Así que mandamos ás nosas puntas de lanza Jose N. e Rafa a batirse o cobre na carreira de 10.000 metros de Cambados e Mino B, Laura e un servidor, ademais de Jose C e Alicia en tarefas organizativas, de reporteirismo gráfico e custodia de roupas, acompañamos aos nosos pequenos na X Milla Urbana no Milladoiro. Creo que menos a repugnante de Laura, (dígoo con cariño, pero é que non lle chega con gañar ao día seguinte de facer un triathlón, non: aínda por riba quere facer boas marcas) os demáis podemos dicir que foi unha xornada sublime. Atención ao palmarés en Milladoiro: Laura, Laurita e Hugo, campións; Carla e Pedro, segundos; e Lucía, terceira. Brilante papel de Nicolás coorendo 300 metros sen axuda, e exhibición de Mara nun percorrido bastante longo xa e que cubriu perfectamente. E dos maiores, que dicir? Pois Mino B conxurouse para baixar dos 7 minutos e sobroulle prácticamente un segundo, e o que asina este escrito, Pepo, tiña bastante con non mancarse. Pero incluso se atreveu a intentar baixar dos 10 minutos antes de empezar, e na segunda volta, decatouse de que podía rebaixar incluso os 9 !!! Conseguido!! E as veces, os obxectivos dos modestos parecen fácilmente asequibles, por iso os nosos representantes de Cambados fixeron tamén un carreirón, movéndose nunha media próxima aos 4 min/km. Para rematar, como colofón, algúns fumos de comellada descubrindo unha gratísima sorpresa: boa comida e de sobra, sitio fóra para que xoguen os nenos, e cerca de Bertamiráns. E aquí vai o dato: 8 persoas (4 adultos e 4 nenos) … 50 euros!!!!! Fin de festa perfecto, que nos deixa gañas de que sexa a próxima. IMAXES

Carreira da muller 2010. Fotos.

Noraboa ¡¡¡.. estades en meta, Felicidades as peques.. Cris, Lucía, Leire e Mariña, todas sodes unhas campionas ¡¡¡¡. Parabens as non tan peques, o esforzo valeu a pena, veña, un pequeno recordo deste día.

De Carreira da muller

Carreira da muller

Este domingo vaise celebrar en Compostela a I Carreira da Muller, varias integrantes do Club Atlético Bertamiráns van a participar neste evento, todas unidas na loita contra o cancro de mama, dende esta páxina so podo decirvos, Ánimo estamos con vos.
Ánimo
Mino